GALICIA E O PORCO CELTA

Gallego | Español


A estrutura agro-gandeira de Galicia sempre se baseou na unidade familiar, onde os máis capaces realizaban as tarefas agrícolas principais nas mellores terras e os nenos e anciáns realizábanas nas menos produtivas.

Deste modo o porco celta, ou, "porco do país", campaba, coidado por estes últimos, polos montes, solto polas fincas de menor productividade, transformando en proteínas e graxas cárnicas de primeira calidade os recursos de baixo rendemento que encontraba (brotes verdes, landras, castañas, invertebrados…).

O porco celta sempre gozou en Galicia dunha producción en réxime semiextensivo ou extensivo. Grazas á súa calidade xenética e á súa alimentación, os produtos derivados (chourizos, xamóns, lacóns…) foron un referente e un signo de calidade a nivel nacional. Coa imposición das razas de cría intensiva e a case desaparición do porco celta, esta fama foi desprazada polos porcos criados noutras zonas da Península, coma o ibérico.

Na actualidade, cunha maior demanda interna de produtos de calidade, o porco celta, grazas aos programas de recuperación e ao labor da asociación de criadores (ASOPORCEL), ten un futuro esperanzador, non só como materia prima, senón tamén como raza autóctona.


XI - EDICIÓN DA FESTA DO PORCO CELTA "COSTA DA MORTE"

Esta celebración realízase acompañada dunha serie de actividades socio-culturais para todo tipo de públicos. No seu programa pódense contemplar grupos de música, grupos de bailes rexionais, magos, monicreques, xogos populares, concurso de debuxo infantil, etc. e por suposto a degustación de produtos do Porco Celta elaborados de diferentes formas: carrileras, paleta asada, carne á pedra, panceta, zorza, menú de degustación, etc. Con iso pretendemos xuntar ao longo de todo o día a toda a familia, desde os máis pequenos ata os avós facéndoo participar nas actividades.

A Festa compleméntase con postos de produtos típicos galegos como poden ser: queixos, licores, embutidos elaborado a base de carne do Porco Celta atendidos por persoal especializado que informan ao público participante a través de de trípticos, carteis, librillos, etc. ou directamente. Conta ademais coa presenza de animais vivos da devandita raza.

Cartel Porco Celta 2016

Máis información


Inicio | Biodiversidade | Galicia | Raza e dispersión | Explotación | Recuperación

Galería de fotografías | Galería de vídeos | Notas de prensa | Ligazóns | Contátenos


Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009


VisitasCSS validadoHTML 1.0 validadoW3C Double A Validado